MINISTERIO
DE EMPLEO
Y SEGURIDAD SOCIAL

Seguridade Social

Escudo de España ao carón do logotipo do Ministerio de Emprego e Seguridade Social con ligazón á súa páxina web. Ligazón nunha nova ventá. Logotipo da Seguridade Social con enlace á páxina de inicio
Información Lingüística

Empresarios

Estás en: Inicio » Empresarios » Inscrición » Inscrición do Empresario » Variación de datos e extinción da empresa

Variación de datos e extinción da empresa

O empresario está obrigado a comunicar á Tesourería Xeral da Seguridade Social as variacións seguintes:

  • Cambio de nome da persoa física ou da denominación da persoa xurídica.
  • Cambio de domicilio.
  • Cambio de entidade que cubre as continxencias de accidentes de traballo e enfermidades profesionais e, no seu caso, a prestación económica por incapacidade temporal.
  • Cambio de actividade económica.
  • Calquera outra variación que afecte aos datos declarados con anterioridade respecto da inscrición da empresa ou apertura de Conta de Cotización.

De igual forma os empresarios comunicarán a extinción da empresa e/ou o cesamento temporal ou definitivo da súa actividade.

Será considerado en situación de baixa temporal o empresario ou, no seu caso, a conta de cotización do mesmo, respecto dos cales se comunicase a baixa de todos os seus traballadores sen poñer en coñecemento da Tesourería Xeral da Seguridade Social ou Administración da mesma a extinción da empresa, ou o cesamento na actividade.

Transcorridos doce meses sen demostrar a súa continuidade, iniciarase expediente de oficio para que, en base ás alegacións do empresario debidamente xustificadas ou dos demais feitos acreditados no mesmo, se adopte a resolución que proceda sobre a extinción ou o cesamento, ou sobre a continuidade da empresa.

Tanto as variacións de datos como a extinción ou cesamento comunicaranse no modelo TA.7 "Conta de Cotización" no prazo de seis días naturais seguintes a aquel en que se produzan.

O cambio de entidade que cubra as continxencias de accidentes de traballo e enfermidades profesionais e/ou, no seu caso, a prestación económica por incapacidade temporal presentarase cunha antelación de dez días naturais á súa efectividade.

                              



Copyright © Seguridad Social 1995. Todos os dereitos reservados. Aviso Legal.

Icona de conformidade cos estándares AA Icona de conformidade cos estándares HTML 4.0. Icona de conformidade cos estándares CSS