MINISTERIO
DE EMPLEO
Y SEGURIDAD SOCIAL

Seguridade Social

Escudo de España ao carón do logotipo do Ministerio de Emprego e Seguridade Social con ligazón á súa páxina web. Ligazón nunha nova ventá. Logotipo da Seguridade Social con enlace á páxina de inicio
Información Lingüística
Buscador avanzado

Aviso Legal

Estás en: Inicio » Aviso Legal

Aviso Legal


  1. CONDICIÓNS XERAIS DE USO DO PORTAL DA SEGURIDADE SOCIAL

    A Seguridade Social infórmalle que o acceso e uso da páxina web www.seg-social.es e todos os subdominios e directorios incluídos baixo a mesma (en adiante, conxuntamente denominados como o Portal), así como os servizos ou contidos que a través del se poidan obter, están suxeito aos termos que se detallan neste Aviso Legal, sen prexuízo de que o acceso a algún destes servizos ou contidos puidesen precisar da aceptación dunhas Condicións Xerais adicionais.

    Por iso, se as consideracións detalladas neste Aviso Legal non son da súa conformidade, pregamos non faga uso do Portal, xa que calquera uso que faga do mesmo ou dos servizos e contidos nel incluídos implicará a aceptación dos termos legais recollidos neste texto.

    A Seguridade Social resérvase o dereito a realizar cambios no Portal sen previo aviso, co obxecto de actualizar, corrixir, modificar, engadir ou eliminar os contidos do Portal ou do seu deseño. Os contidos e servizos que ofrece o Portal actualízanse periódicamente. Debido a que a actualización da información non é inmediata, suxerímoslle que comprobe sempre a vixencia e exactitude da información, servizos e contidos recollidos no Portal.

    As condicións e termos que se recollen no presente Aviso poden variar, polo que lle invitamos a que revise estes termos cando visite de novo o Portal. A Seguridade Social non se fai responsable dos danos e prexuízos que puidese ocasionar a utilización das ferramentas e informacións contidas en www.seg-social.es en relación coa adopción de decisións sobre o inicio, desenvolvemento ou resultado de procedementos administrativos. Tales decisións deben ser contrastadas nos centros, organismos ou dependencias competentes. En calquera caso, a información e contidos desta Web non poderá ser alegada en procesos contradictorios coa Administración Pública, non asumindo responsabilidade algunha polas discrepancias que puidesen existir entre os documentos impresos da Administración competente e a publicación electrónica nestas páxinas.

  2. DEREITOS DE PROPIEDADE INTELECTUAL

    Tanto o deseño do Portal e os seus códigos fonte, como os logos, marcas e demais signos distintivos que aparecen no mesmo, pertencen á Seguridade Social ou Entidades colaboradoras e están protexidos polos correspondentes dereitos de propiedade intelectual e industrial. Igualmente están protexidos polos correspondentes dereitos de propiedade intelectual as imaxes, etc. contidos no servidor da Seguridade Social.

    A información dispoñible neste sitio web, agás indicación expresa en contrario, é susceptible de reutilización; quedando autorizada a súa reprodución total ou parcial, modificación, distribución e comunicación, para usos comerciais e non comerciais, con suxeición ás seguintes condicións:
    • Queda prohibida en calquera circunstancia a desnaturalización do contido da información.
    • O usuario queda obrigado a citar a fonte dos documentos obxecto da reutilización.
    • O usuario queda obrigado a mencionar a data da última actualización dos documentos obxecto da reutilización.

    A Seguridade Social declara o seu respecto aos dereitos de propiedade intelectual e industrial de terceiros; por iso, se considera que este sitio puidera estar violando os seus dereitos, pregamos se poña en contacto coa Seguridade Social, a través do seu formulario de Suxestións e queixas.

  3. LINKS OU HIPERLIGAZÓNS

    Os usuarios que se propoñan establecer unha hiperligazón entre a súa páxina web e a da Seguridade Social deberán ter en conta o seguinte:

    1. O establecemento da hiperligazón non implica en ningún caso a existencia de relacións entre a Seguridade Social e o propietario da páxina web na que se estableza, nin a aceptación e aprobación por parte da Seguridade Social dos seus contidos ou servizos. Polo tanto, non se declarará nin se dará a entender que a Seguridade Social autorizou expresamente a hiperligazón nin que supervisou ou asumiu de calquera forma os servizos ofrecidos ou postos a disposición na páxina web dende a que se establece a hiperligazón.
    2. A Seguridade Social non se responsabiliza en modo algún nin garante a calidade, exactitude, fiabilidade, corrección ou moralidade de contidos ou servizos que o establecemento da hiperligazón poida ofrecer. O usuario asume baixo a súa exclusiva responsabilidade as consecuencias, danos ou accións que puideran derivarse do acceso á páxina web da hiperligazón.
    3. A páxina web na que se estableza a hiperligazón non poderá conter ningunha marca, denominación, logotipo, slogan ou outros signos distintivos pertencentes á Seguridade Social, agás aqueles signos que formen parte da mesma hiperligazón.
    4. A páxina web na que se estableza a hiperligazón non conterá informacións con contidos ilícitos, contrarios á moral e ás boas costumes xeralmente aceptadas e á orde pública, así como tampouco conterá contidos contrarios a calqueira outros dereitos de terceiros.

  4. FRAMES

    A Seguridade Social prohíbe expresamente a realización de “framings” ou a utilización por parte de terceiros de cales queira outros mecanismos que alteren o deseño, configuración orixinal ou contidos do seu Portal.

  5. PRIVACIDADE

    De acordo coa Lei Orgánica 15/1999 do 13 de decembro de Protección de Datos de Carácter Persoal, a Seguridade Social comprométese ao cumprimento da súa obrigación de segredo con respecto aos datos de carácter persoal e ao deber de tratalos con confidencialidade. A estes efectos, adoptará as medidas necesarias para evitar a súa alteración, perda, tratamento ou acceso non autorizado.

    A recollida e tratamento automatizado dos datos persoais ten como finalidade a xestión, prestación, ampliación e mellora dos servizos solicitados en cada momento polo usuario e o seguimento de consultas formuladas polos usuarios.

    Vostede terá a posibilidade de exercer os dereitos de acceso, rectificación, cancelación e oposición dos seus datos persoais que obran nos ficheiros da Seguridade Social, solicitándoo por calquera medio que deixe constancia do seu envío e da súa recepción. Para exercer os seus dereitos, poderá dirixirse por escrito á Seguridade Social, a través do seu formulario de Suxerencias e queixas.

    A Seguridade Social mantén os niveis de protección dos seus datos personais conforme ao Real  Decreto 1720/2007, do 21 de decembro, polo que se aproba o Regulamento de desenvolvemento da Lei Orgánica 15/1999, do 13 de decembro, de protección de datos de carácter persoal, e estableceu todos os medios técnicos ao seu alcance para evitar a perda, mal uso, alteración, acceso non autorizado e roubo dos datos que Vostede facilite á Seguridade Social, sen prexuízo de que as medidas de seguridade en Internet non sexan inexpugnables.

    A Seguridad Social resérvase a facultade de modificar a presente Política de Privacidade para adaptala ás novidades lexislativas, xurisprudenciais ou de interpretación da Axencia Española de Protección de Datos. Neste caso, a Seguridade Social anunciará estes cambios, indicando claramente e coa debida antelación as modificacións efectuadas, e solicitando, en caso de que sexa necesario, a súa aceptación destes cambios.

  6. LEI APLICABLE E XURISDICCIÓN

    A Lei aplicable en caso de disputa ou conflito de interpretación dos termos que conforman este Aviso Legal, así como calquera cuestión relacionada cos servizos do presente Portal, será a Lei española.

    Para a resolución de calquera conflito que poida xurdir con ocasión da visita ao Portal ou do uso dos servizos que nel se poidan ofertar, a Seguridade Social e o Usuario acordan someterse aos Xuíces e Tribunais de domicilio do Usuario, sempre que o mesmo estea situado en territorio español.

  7. POLÍTICA DE CERTIFICADOS ELECTRÓNICOS. REQUISITOS

    Para poder acceder aos servizos e trámites da Seguridade Social a través de certificado electrónico deberá acreditar a súa identidade e, nos casos que así se requira, asinar electronicamente os escritos presentados. Para estes fins, aceptaranse os certificados dixitais admitidos pola Seguridade Social.


  • Sede Electrónica. Enlace a outra web, non garantimos a accesibilidade para persoas con discapacidade. Enlace en nova ventá

Copyright © Seguridad Social 2017. Todos os dereitos reservados. Aviso Legal