Aviso Cookies

Este sitio web utiliza cookies para que vostede teña unha mellor experiencia de usuario. As cookies non se utilizan para recoller información de carácter persoal. Para máis información consulte a nosa política de cookies.

Valore esta página
Valore este contenido

Prestación de Incapacidade Temporal

Procedemento

[D]


Información Xeral


Obxecto:

É un subsidio diario que cobre a perda de rendas do traballador producida por enfermidade  común ou accidente non laboral, enfermidade profesional ou accidente de traballo e os períodos de observación por enfermidade profesional. Así como, aquelas situacións en que poda encontrarse a muller no caso de:

  • Menstruación incapacitante secundaria.
  • Interrupción do embarazo, voluntaria ou, non mentres reciba asistencia sanitaria polo Servizo Público de Saúde e estea impedida para o traballo.
  • Xestación da muller traballadora dende o día primeiro da semana trixésimo novena.
Beneficiarios:

Os traballadores, incluídos en calquera réxime da Seguridade Social, sempre que cumpran determinados requisitos.

Os traballadores do réxime especial de traballadores autónomos (RETA) incluídos no sistema especial de traballadores agrarios que optasen por incluír esta prestación.

Requisitos:
  • Enfermidade común: Estar afiliados e en situación de alta ou asimilada á alta e ter cuberto un período de cotización de 180 días nos 5 anos anteriores.
  • Accidente sexa ou non de traballo, enfermidade profesional, menstruación incapacitante secundaria e interrupción do embarazo: Non se esixen cotizacións previas.
  • Día primeiro da semana trixésimo novena de xestación:
    • Se é menor de 21 anos: non se esixirá un período mínimo de cotización
    • Se ten entre 21 e 26 anos: 90 días cotizados dentro dos sete anos inmediatamente anteriores ao momento do inicio do descanso ou 180 días cotizados ao longo da súa vida laboral.
    • Se ten feitos os 26 anos. 180 días dentro dos sete anos inmediatamente anteriores ao momento do inicio do descanso ou 360 días cotizados ao longo da súa vida laboral.

Máis información sobre requisitos

Entidade competente:

Segundo a opción que realizase o empresario para a súa cobertura, o recoñecemento e pagamento corresponderá:

Contido ou contía:

  • Enfermidade común e accidente non laboral: 60% da base reguladora dende o 4º día da baixa ata o 20º inclusive e o 75% dende o día 21 en diante.
  • Enfermidade profesional ou accidente de traballo: 75% da base reguladora dende o día seguinte ao da baixa no traballo.
  • Menstruación incapacitante secundaria: Do primeiro día ao vixésimo: 60% da base reguladora e a partir do vixésimo primeiro: 75%.
  • Interrupción do embarazo e o día primeiro da semana trixésimo novena de xestación: Primeiro día: salario. Do segundo ao vixésimo día: 60% da base reguladora. A partir do vixésimo primeiro día: 75%.

 

Máis información sobre pagamento

Pagamento:

Traballadores por conta allea:

  • En xeral, o pagamento efectúao a empresa como pagamento delegado coa mesma periodicidade ca os salarios.
  • Nos casos de enfermidade común ou accidente non laboral, o pagamento entre o 4º e o 15º día da baixa corre a cargo do empresario, a partir do 16º a responsabilidade de pagamento será do INSS ou da mutua.

Traballadores por conta propia:

Impresos:

Os partes médicos de baixa, confirmación da baixa e alta.

Os modelos dos partes médicos de baixa/alta e de confirmación de incapacidade temporal, son os que figuran como anexos I e II da Orde ESS/1187/2015, do 15 de xuño.

Documentación:
  • Documentos acreditativos da identidade do traballador.
  • Documentos relativos á cotización.

Máis información sobre documentación

Perda ou suspensión:

Actuación fraudulenta para obter ou conservar a prestación, traballar por conta propia ou allea, e rexeitar ou abandonar o tratamento prescrito.

Suspensión cautelar: incomparecencia do beneficiario a recoñecemento médico.

Máis información

Extinción:

Extínguese polo transcurso do prazo máximo establecido, alta médica con ou sen declaración de incapacidade permanente, pasar a ser pensionista de xubilación, por non presentarse aos recoñecementos establecidos polos médicos do INSS  ou da mutua e por falecemento.

No suposto da semana trixésimo novena de xestación será ata a data do parto.

Máis información

Duración:

Enfermidade ou accidente: 365 días prorrogables por outros 180, se durante este transcurso se  prevé a súa curación.

Períodos de observación da enfermidade profesional:180 días prorrogables por outros 180.

No suposto da semana trixésimo novena de xestación será ata a data do parto.

Máis información sobre duración

Outros datos de interese:
 
Complementary Content
${loading}